Quen somos

Asesoría para o teu negocio. Todas as xestións da túa empresa nas mans de expertos con experiencia no sector.

Profesionais do sector con ampla experiencia, co obxectivo de mellorar a prestación de servizos nas áreas de contabilidade, xestión, fiscalidade e laboral, decidimos constituír esta cooperativa.

Contamos con profesionais cualificados nas distintas áreas para prestar un servizo personalizado aos nosos clientes.

Movémonos polos valores da profesionalidade, a confidencialidade, a seriedade e a confianza.

O noso obxectivo é acompañar aos nosos clientes mesmo dende o momento de creación dunha empresa, procurando satisfacer as necesidades de servizos de asesoría, con independencia da forma xurídica ou dimensión.

Dispomos dunha ampla experiencia na constitución de todo tipo de sociedades, dende traballadores autónomos a sociedades limitadas e anóminas, pasando por cooperativas de diferentes tipos (agrarias, explotación comunitaria da terra, traballo asociado) e mesmo a apertura de sucursais de empesas extranxeiras.

O nosos servizos engloban contabilidade, fiscalidade e xestión laboral (salarios, seguros sociais).